PROFESIONAIS DESTACADOS NAS SÚAS ÁREAS DE ACTUACIÓN

Os asistentes beneficiaranse da experiencia e coñecementos dos catro relatores:

D. Juan Piñeiro Chousa. Profesor Titular do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela e director de Máster en Xestión Ambiental no Sector da Construción. Responsable entre outras, das seguintes materias: "Análise e Valoración de Proxectos", "Estratexia e Xestión Financeira " ou "Enerxía e Sostibilidade. Aspectos Empresariais".

Relator Responsable do Relatorio: "Análise Básica de Proxectos"

Descarga dende este enlace a presentación empregada na xornada

Descarga o Arquivo Excel Complementario

D. José Antonio Tenorio Ríos. Doutor Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Tecnólogo no Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja. CSIC. Xefe de Unidade de Calidade na Construción. Participante en distintas comisións e comités de entidades de referencia: AENOR, Consello da Sostibilidade, Innovación e Calidade da Edificación ou a Comisión Asesora para a certificación enerxética de edificios creada ao abeiro do Real Decreto 47/2007.

Relator Responsable do Relatorio: "Tecnoloxías de Rehabilitación"

Descarga dende este enlace a presentación empregada na xornada

D. Xoán Ramón Doldán García. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais do Departamento de Economía. Director do Instituto Enerxético de Galicia. Responsable de materias como: "Desenvolvemento Económico e Sustentabilidad" ou "Economía e Enerxía: Consumo, Recursos Dispoñibles, Modelo Económico eSustentabilidad".

 Relator Responsable do Relatorio: "Políticas de Axudas Públicas"

 Descarga dende este enlace a presentación empregada na xornada

______________________________________

D. Anxo Panero Pardo. Arquitecto. Director da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago de Compostela. Coordinador do Curso de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación e do Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación da Universidade de Santiago de Compostela.

 Moderador responsable da Mesa Redonda: "Difusión das Novas Oportunidades de Negocio no Sector da Construción, relacionadas coa Eficiencia Enerxética"

Relatores Especializados

Perfís destacados con responsabilidades en entidades de referencia relacionadas cá Eficiencia Enerxética, a Sostibilidade Ambiental e a Xestión de Proxectos