TEMARIO DETALLADO

Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR) conta co arquitecto Ángel Panero Pardo na súa coordinación académica. 

Obxectivo do Curso

Obxectivo Xeral

Dar a coñecer ao alumnado as particularidades das obras de rehabilitación de edificios protexidos, dende o punto de vista da sostibilidade e o respecto patrimonial.

Obxectivos Específicos

  - Adquirir unha visión global das fases dunha obra de rehabilitación e da relación entre elas, especializando o coñecemento e competencias dos/as profesionais da xestión de obras de nova planta.

  - Coñecer os aspectos específicos da xestión administrativa e legal das obras en edificios con algún grao de protección.

  - Afondar na comprensión da mecánica dos edificios construídos con técnicas tradicionais, investigando e desenvolvendo fórmulas de coordinación cos procedementos, medios e sistemas da construción contemporánea.

Imaxe: Taller de forxa impartido no Cegor.