PROFESIONAIS E TÉCNICOS/AS DE EDIFICACIÓN
Este curso está dirixido a profesionais e técnicos/as de edificación coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos na conservación, restauración e rehabilitación. A combinación de teoría e práctica mostra os elementos implicados nas distintas fases do proxecto, a execución e supervisión de cada actuación.
O programa do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación deseñouse a medida para capacitar aos/ás profesionais nas distintas áreas da rehabilitación.
Grazas á experiencia do alumnado e docentes dos anos anteriores, esta sétima edición en colaboración co Consorcio de Santiago recolle as necesidades dos/as profesionais de hoxe en día. Especialmente, incídese nas novas técnicas de intervención e na mellora da eficiencia enerxética das actuacións realizadas.
Mediante a realización do curso, desenvolveranse as competencias necesarias para realizar a xestión completa dunha obra de rehabilitación. Profesionais expertos/as de cada área tratada no curso compartirán a súa experiencia e achegarannos o día a día da súa profesión.
O curso reúne todas as fases implicadas na rehabilitación: a xestión económica e administrativa dos proxectos, os materiais, as técnicas e patoloxías, así como as instalacións e a eficiencia enerxética. Deste modo trázase o perfil máis completo na área da xestión da rehabilitación.

Competencias
Coa superación do programa de especialización obteranse os coñecementos e competencias necesarios para desempeñar as funcións relacionadas co ámbito da rehabilitación, podendo xestionar o proxecto nas diferentes etapas do mesmo.
Para iso, o curso conta con expertos/as de referencia en cada área, aportando a súa experiencia e dotándoo dun enfoque práctico e real.
Imaxe: Taller práctico de cubertas de zinc e cobre.
